mércores, 25 de decembro de 2013

CHEGA O NADAL

1. Panxoliñas: Cun sombreiriño de palla, Pero mira como beben...
                     2. Nana (Primaria)           CHEGA ESTE NADAL:

martes, 26 de novembro de 2013

Ovíparos


    A profe María trouxo hoxe tres ovos, son de emú, grúa coroada e paspallás. O máis grande é o de emú (ave orixinaria de Australia), que mide uns 15 cm, o máis pequeno é o de paspallás.
   As aves son animais vertebrados, ovíparos, co corpo cuberto de plumas. A maioría pode desprazarse voando, pero algunhas teñen un corpo demasiado grande e non voan, son aves corredoras, como os avestruces, os kiwis, os ñandús e os emús.
   Actividades para 3º- 4º: Animais vertebrados. / Os invertebrados
   Máis actividades: Páxina de Caloto.1 /  Páxina de Caloto.2


mércores, 13 de novembro de 2013

Ficha Lectura

Ola a todas/os:
As veces perdemola, outras deixamola na escola, outras non a atopamos, noutras as/os mestres non as dan...por todo isto, aqui tendes unha copia da ficha de lectura que temos que cubrir despois de leer un libro do cole...ainda que podedes utilizala para todos os libros que leades...ánimo e a ler!!

xoves, 7 de novembro de 2013

XA SOMOS OS MAIORES DO CRA DE NARÓN!!!!!

As primeiras en celebrar o seu aniversario este curso foron Alba e Carla. Trouxeron uns doces moi ricos e pasámolo moi ben! PARABÉNS ÁS DÚAS!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own photo slideshow

martes, 5 de novembro de 2013

Chega o Samaín

O pasado mércores celebramos o Samain na Escola do Val, para isto recibimos un obradoiro do Concello para decorar cabazas...e algunhas cousas máis feitas por nos para dar verdadeiro medo...xa que o Samaín é unha noite de medo!!!
Esperamos que vos guste!!


xoves, 10 de outubro de 2013

1º Festival Agro-Folk do Val: FestiVal

Con motivo do 1º FestiVal, chegou ao Val o Itinerario Didáctico para escolares, onde as/os nenas/os asistiron a luthier de zanfonas, gaitas e percusión tradicional; a unha mini-exposición de traxe tradicional galego, a obradoiros de palletas e baile agarrado e a un concerto didáctico onde disfrutamos da música e pasamos un bo rato.
Dar as grazas ao Padroado de Cultura de Narón, así como a "Zarabanda" e "Vai Rañala" por unha actividade moi completa e divertida...Ata o ano que vén!!!

martes, 8 de outubro de 2013

domingo, 7 de xullo de 2013

Festival Fin de Curso 2013

Vídeos do Festival que celebramos o 21 de xuño para despedir o curso:


1º curso: "O caranguexo".

2º curso: "A ratiña fachendosa".




1º ciclo: cantan "A galiña pinta".


2º ciclo: Peza musical para frauta.

sábado, 22 de xuño de 2013

Unha visita aos libros.


Visita Biblioteca Narón 19-06-2013
 O mércores 19 de xuño, todos os alumnos de Primaria fixeron unha visita guiada á Biblioteca Municipal de Narón. As nenas e os nenos percorreron as instalacións e aprenderon como se organiza unha biblioteca que garda 58 mil libros.
Mirade as fotografías dunha visita na que todos pasárono moi ben, porque os libros á parte de ensinar tamén son divertidos e uns bos compañeiros para o verán.

domingo, 5 de maio de 2013

Actuacións no Pazo da Cultura de Narón.


  O Certame Intercentros de Narón celébrase todos os anos para conmemorar e difundir o Día das Letras Galegas. Participan nel todos os centros públicos de ensino do concello.
Este ano estivo organizado polo CRA. As representacións orais do Certame tiveron lugar o 25 e o 26 de abril no Pazo da Cultura.
  Abriu o XXIV Certame o grupo de 3º e 4º de Primaria cunha canción de benvida a todos os colexios participantes. O día 26 actuou o 1º ciclo.
Vídeos: