martes, 24 de xuño de 2014

UNHA CAIXIÑA MÁXICA





Os nen@s  de 4º representaron a obra "Unha caixiña máxica" o último día da escola. Pese aos escasos recursos, fixeron unha magnífica actuación.


PARABÉNS!!!

mércores, 18 de xuño de 2014

ANIVERSARIOS DO ÚLTIMO TRIMESTRE

PARABÉNS  aos nenos/as que cumpriron ou van cumprir nas vacacións!!!

Sergio, Hugo, Maite e Lucía de 1º; Antía, Sheila, David, Xende, Carlos, Quique, Edgar, Sabela, Andrea e Marcos de la Puente de 2º e Felipe, Lydia e Iván de 4º.


http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d11402715k5158884o1/cumples

ENCONTROS CUN AVÓ

        O pasado venres 13 de xuño, o avó de Clara de 4º de Primaria, tivo a amabilidade de virnos contar cousas sobre as abellas. Tamén nos ensinou as fermosas miniaturas que el mesmo fixo coas súas mans: unhas réplicas dunha colmena e un pupitre dos tempos nos que el ía á escola, que xa nos trouxera a súa neta Clara un día á escola.

        Deunos moito gusto escoitar a experiencia e sabiduría dun avó que nos ensinou un montón de curiosidades cunha paciencia infinita.

                                        MOITAS GRAZAS JOSÉ LUIS!