sábado, 19 de decembro de 2015

sábado, 23 de maio de 2015

Visitando As Pontes.














O venres 22 de maio, pasamos unha entretida mañá. Desde o Parque do Eume fomos andando ata o Encoro da Ribeira, subindo pola beira do río. Despois aprendimos como se fan xoguetes reutilizando material no taller-museo de Xosé Manuel Ribeira.









mércores, 29 de abril de 2015

Coñecendo a obra do escritor ANTÓN CORTIZAS

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria lemos O merlo de ferro, un libro de Antón Cortizas. Os de terceiro están lendo A merla de trapo, e os de primeiro e segundo van ler Era unha vez na quimbamba, con poemas dese autor.

O merlo de ferro: 
Manuel, o ferreiro, un día decidiu facer un merlo de ferro. O seu merlo ía ter os ollos brillantes de dúas estrelas viaxeiras, peteiro dourado de raios de sol ben apertadiños, ás de nubes altas de treboada, patas de fíos do risco de vella con dedos de pingas de choiva, plumas de reflexos escuros de lúa nova e un corazón de carbón, redondiño e vermello coma o sol cando se agocha no horizonte.




Este tal chamado Antón Cortizas deu en nacer en Ferrol. Brincou canto puido e quixo, e quixo canto puido, e foi dando voltas ao maxín para vivir sete vidas coma un gato maragato, a penas con fantasía, e ademais ten moitas tías. Que máis vos direi? Que vén sendo coma un rei rodeado de princesas; se colle un peso lle pesa, cando ten sono deitase coma calquera mortal, e unhas veces dorme ben e outras veces dorme mal.

ANTÓN CORTIZAS asinou libros a todos os alumnos e a todas as alumnas de primaria.












Descarga: O PIRATA TRES PATAS, un poema de Antón Cortizas, recitado por Nerea e Inés (de 4º).

luns, 27 de abril de 2015

Primaria participa con éxito nun concurso de contos.

Os nenos e as nenas de 1º participaron no Concurso de Relatos de Vegalsa. Lucas Quintiá gañou o primeiro premio (unha tablet) e Paula Sedes e Manuel Hermida foron finalistas. Noraboa a todos/as!


Lucas e Edgar plantan unha árbore o día da entrega de premios.
 Noa e Alba plantan unha árbore. Lucía mira se o fan ben.


xoves, 16 de abril de 2015