martes, 24 de xuño de 2014

UNHA CAIXIÑA MÁXICA





Os nen@s  de 4º representaron a obra "Unha caixiña máxica" o último día da escola. Pese aos escasos recursos, fixeron unha magnífica actuación.


PARABÉNS!!!

mércores, 18 de xuño de 2014

ANIVERSARIOS DO ÚLTIMO TRIMESTRE

PARABÉNS  aos nenos/as que cumpriron ou van cumprir nas vacacións!!!

Sergio, Hugo, Maite e Lucía de 1º; Antía, Sheila, David, Xende, Carlos, Quique, Edgar, Sabela, Andrea e Marcos de la Puente de 2º e Felipe, Lydia e Iván de 4º.


http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d11402715k5158884o1/cumples

ENCONTROS CUN AVÓ

        O pasado venres 13 de xuño, o avó de Clara de 4º de Primaria, tivo a amabilidade de virnos contar cousas sobre as abellas. Tamén nos ensinou as fermosas miniaturas que el mesmo fixo coas súas mans: unhas réplicas dunha colmena e un pupitre dos tempos nos que el ía á escola, que xa nos trouxera a súa neta Clara un día á escola.

        Deunos moito gusto escoitar a experiencia e sabiduría dun avó que nos ensinou un montón de curiosidades cunha paciencia infinita.

                                        MOITAS GRAZAS JOSÉ LUIS!

xoves, 10 de abril de 2014

OS NOSOS ANIVERSARIOS

O 1 de abril os nen@s de Primaria celebramos os aniversarios dos compañeir@s que cumpriron anos no primeiro trimestre do ano. Comemos doces que trouxeron para convidarnos e pasámolo moi ben! PARABÉNS A TOD@S!!!

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Visita a Domus 29-01-14

 Onte, mércores 29 de xaneiro, o alumnado de Primaria, da Escola do Val, foi de visita a Casa do Home...










...chegamos correndo porque comezaba a chover...






...logo vimos e xogamos con moita información sobre o ser humano: as súas capacidades, crecemento, evolución, posibilidades,...


...vimos unha pelicula en 3D sobre cómo fan os avións, onde os paxaros e avións pasaban polo noso lado...


...antes de irnos paramos na entrada, unha foto de grupo como despedida para poñer o remate a este día.