domingo, 5 de maio de 2013

Actuacións no Pazo da Cultura de Narón.


  O Certame Intercentros de Narón celébrase todos os anos para conmemorar e difundir o Día das Letras Galegas. Participan nel todos os centros públicos de ensino do concello.
Este ano estivo organizado polo CRA. As representacións orais do Certame tiveron lugar o 25 e o 26 de abril no Pazo da Cultura.
  Abriu o XXIV Certame o grupo de 3º e 4º de Primaria cunha canción de benvida a todos os colexios participantes. O día 26 actuou o 1º ciclo.
Vídeos: