sábado, 22 de xuño de 2013

Unha visita aos libros.


Visita Biblioteca Narón 19-06-2013
 O mércores 19 de xuño, todos os alumnos de Primaria fixeron unha visita guiada á Biblioteca Municipal de Narón. As nenas e os nenos percorreron as instalacións e aprenderon como se organiza unha biblioteca que garda 58 mil libros.
Mirade as fotografías dunha visita na que todos pasárono moi ben, porque os libros á parte de ensinar tamén son divertidos e uns bos compañeiros para o verán.